Отсутствует (исполнитель: Неизвестен)
amence paseniño nas terras do solpor as brétemas esváense coas raiolas do sol meu amor, meu amor, imos cara o maior miña amada, meu ben, imos polas terras do alén acariña o silencio e escoita o corazón que moitos dos teus soños latexan ao seu son é tempo de camiño andar e de non esquecer que o futuro que ha de vir é o que has de facer e o sol vai silandeiro deitándose no mare facéndonos pequenos con tanta inmensidade