Отсутствует (исполнитель: Неизвестен)

Alá arriba naquel monte unha fiadiña hai (bis) 
Quen me dera ir a ella sin o saber miña nai (bis) 
Ai lalalalala Ailalalalalalala (bis) 

Esta noite hai unha fía e mañán unha espadela (bis) 
Bóteme o caldo mi madre que eu tamén quero ir a ella (bis) 
Ai lalalalala Ailalalalalalala (bis) 

Os mariñeiros no mare arman vela arman vela (bis) 
Arman vela, arman vela i eu tamén a vou armar(e) (bis) 
Ai lalalalala Ailalalalalalala (bis) 

Desde o meio do ceu alumía as mulleres ermas que contan 
ondas na Lanzada(1). Dona da fertilidade, raíña do mar e do 
 [bad word] os sous ritmos diverxentes e abre-os ao 
milagre da reproducción na novena onda. 

Tamén en Corme(2) as fémeas case espidas buscan o ritmo 
do seu seo baixo a Lúa, vixiadas pola Serpente Alada, 
ferida cunha [bad word] no seu lombo. 

Cando as fémeas soben ao monte, a Serpente alza o seu 
volo levando unha Vella que Fía na Roca o fío do tempo; a 
sucesión de lúas novas e vellas, e cada Plenilunio, deixa ao 
seu paso grandes laxes que enchen de dólmenes a terra 
húmida, de Dombate(3) ao Hospital da Fonsagrada(4), da 
Faladoira ao Morrazo. 

O luar fende a terra, es escoita-se un ritmo xordo de 
percusión profunda que é o pandeiro do amigo que xa non 
está. É o son do dolmen, o antigo ritmo da semente 
transformada na espiga do eterno campesino neolítico que 
todos levamos dentro.
Послушать/Cкачать эту песню
Mp3 320kbps на стороннем сайте

Открытка с текстом :
Удобно отправить или распечатать
Создать открытку
У нас недавно искали песни:
Little Dragon Fortune  Little Dragon Klapp Klapp  Little Dragon Pretty Girls  Little Dragon Cat Rider  Little Dragon Killing Me  Midnight Juggernauts Ending Of An Era  Midnight Juggernauts Into The Galaxy  Midnight Juggernauts Shadows 
О чем песня
Неизвестен - Отсутствует?
2020 © Tekstovoi.Ru Тексты песен