Отсутствует (исполнитель: Неизвестен)
Durme meu neno, durme sen máis pranto, que o tempo de chorar-e vai pasando. Que a terra na que vives, non quer bágoas, percisa homes inteiros pra libertala. Durme meu neno, durme colle forzas, que a vida que che agarda pide loita. Recollera-lo froito sementado, no inverno escuro e frio, no que estamos. (Recitado) Semente feita en sangue por un pobo que xurde dende a historia, dende o sono un sono cheo de aldraxe e miserento, un sono de inxusticias e silencio. Mira a lingua que falo, despreciada por ser lingua de probes, lingua escrava, son o orgullo que temos, lingua e probes. So neles hai verdades e mais honores. Durme meu neno, durme, niste colo, que esta terra de escravos non ten odio. Ten séculos de espranza, agardada, que pon hoxe nos fillos que amamanta.